S.O.S. Courel - 12:21 03/05/2007
Sen axuda de tod@s, só @s veciñ@s do Courel, con pouco máis de “mil votos”, seremos incapaces de parar esta desfeita, camuflada detrás do manexo hipócrita e propagandístico da Rede Natura e da eterna promesa tranquilizadora dun Parque Natural, que chegará tarde e con mil recortes, sen cartos, esquivando “intereses poderosos”, reducido a “un debuxo nun plano” e anunciado nun “folleto”.
· Na ladeira este da Serra, quedaban fóra as cuncas, xa totalmente aniquiladas do ríos Pacios e Vilarbacú, onde traballan 5 macrocanteiras de pizarra.
· Pero tamén deixaban fora na ladeira oeste:
Agora, no 2007/2008, definitivamente o Courel será Parque Natural, un pouco máis extenso ao norte, que na proposta do 2005, pero outra vez gravemente mutilado ao sur, para as mesmas canteiras e as mesmas novas concesións; moi pronto 9 macrocanteiras canteiras á vez, “explotaran” a Serra.
Esta declaración que se invalida a si mesma, é a “sentencia” definitiva do Courel. Logo coa inminente próxima aprobación da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia, Folgoso do Courel será declarado Concello Mineiro (artigo 46, páxina 28). E por presunto interese social, a minaría terá prioridade sobre o Parque Natural e poderán ir recortándoo na medida das “necesidades”.
· Do Pregue Tombado do Courel pouco queda que dicir, un fito xeolóxico único en Europa. · Pero a metade sur da cunca do Lor tamén é algo único dentro da Rede Natura, unha das rarezas que fan extraordinario ao Courel, tratase da profunda incursión da zona bioxeográfica Mediterránea no interior da Atlántica, de excepcional riqueza faunística, un dos últimos hábitats do bufo real na Galiza, ave en perigo de extinción. As terras de Santa Eufemia, Baldomir, Vilamor, Froxán, Vilar, Castro Portela, Salcedo, a Montaña do Lor, Barxa de Lor, ... ; todo isto quedará fora do Parque Natural, todo por mor da “obsesión de non dar gastado os recursos naturais”A urxencia desta convocatoria ven dada ante a inminente legalización da canteira “La Campa” por o Consello da Xunta de Galicia, tal e como se nos comunicou dende todos os Organismos Sectoriais competentes. A documentación xa está preparada na Comisión Superior de Urbanismo, para ser examinada. Xa alegamos reiteradamente ante as Administracións, que esta é unha explotación imposible por estar totalmente cercada polos ríos Lor e Loruda, por varios núcleos de poboación, pola estrada LU-651, polo souto de Santa Eufemia e no medio de un Espacio Natural. Máis cedo que tarde terá que ser clausurada, pero acontecerá despois de legalizada, e terá que indemnizarse á empresa con cifras astronómicas con cargo aos Fondos Públicos.¿ Que lle pedimos as Administracións para o Courel?
· Que declaren o Courel Parque Natural, que inclúa como mínimo as cuncas enteiras dos ríos Lor-Louzara, Soldón, Selmo e Ferreiriño, e que se libre o territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, eólicos, hidroeléctricas, .... · Que se devolva á Rede Natura a superficie da cunca do Lor que se descualificou no 2004, deixándoa fóra do Espazo Natural e deixando este territorio partido en dous, impedindo a súa función como o corredor biolóxico que une os Ancares e o Canón do Sil, tamén dous espazos da Rede Natura. E máis agora, que se prometeu case duplicar a superficie total da Rede Natura na Galiza.· Que poñan xa de inmediato en marcha un Plan Urxente, no que participen todas as Administracións, para a recuperación ambiental, do patrimonio arqueolóxico, etnográfico, arquitectónico, e da paisaxe tradicional. · Este Plan debe estar implementado cun orzamento digno e suficiente, para a creación de empregos directos, que nós, no resumo do Plan de Desenvolvemento para o Courel, que enviamos a todas as administracións en novembro de 2005, calculamos en máis de 150 traballadores; para os que se necesitaría destinar aproximadamente 3 millóns de euros anuais. Esta cifra non é nada disparatada se temos en conta que no Principado de Asturias, con máis número de parques naturais, ningún recibe menos de 6 millóns de euros ao ano, así no Parque Natural de Somiedo empregaranse durante este ano 7,7 millóns de euros.
· Neste plan debese incluír necesariamente a dotación de servizos á poboación, para equipara o Courel ao resto da Galiza (sanitarios, asistenciais, culturais, de transporte, ...). Esto propiciaría, entre outras moitas cousas o retorno de emigrantes xubilados, para poder desfrutar por fin da súa Terra e na súa casa.
· A mellora da imaxe do Courel e a “seguridade de futuro”, multiplicaría a inversión privada e propiciaría a creación de empregos indirectos.
· Xa se quedou en que a Rede Natura tiña garantida a cofinanciación da Unión Europea. Ademais moitas institucións e fundacións están desexando colaborar; parece ser que unha Corporación Financieira Galega anda mirando de comprar unha Illa Atlántica e ao parecer tamén unha Devesa no Courel, e nos estamos seguros de que comprará tamén, a súa propia canteira que traballa no medio da cunca do Lor, entre Santa Eufemia e “a Campa”, para levar a cabo unha restauración ambiental exemplar”.
¿ Que podes facer ti para axudar ?
· Non se trata de axuda económica, pero pedímosche que teñas paciencia, que remates de ler este correo e llo reenvíes as túas coñecidas e coñecidos o antes que poidas. Non encontramos outra maneira para dar a coñecer ao Mundo o que no Courel está acontecendo.· Ao final deste correo, van os enderezos electrónicos das distintas Administracións, cópiaos e reenvíalle este correo a esas Institucións.
· Recollida de sinaturas. Imprime nun folio o documento que se facilitan nos enderezos realcionados, asínao, e se podes, recolle sinaturas entre os teus familiares e amigos
- Se vas recoller moitas, podes imprimilo polas dúas caras. Recorda que todos os folios deben levar sempre o “texto ” que se adxunta, nunha das caras. (Debaixo de “Ao Presidente da Xunta de Galicia” pon en letra pequena “Envíeselle copia á Presidenta do Parlamento e a cada unha das Consellerías da Xunta” , isto non é para que o fagas ti, iso é para que o fagan dende Presidencia)
- Sácalle unha copia a cada folio coas sinaturas, entrega o orixinal nun Rexistro Público e que che selen a copia. Se son varias follas teñen que selarche cada unha delas e cada unha das correspondentes copias. Podes acudir ao Concello, Subdelegación do Goberno, Delegación do Goberno, Correos, Xunta, Gobernos Autónomos, Embaixadas de España, Consulados, etc. - A copia-resgardo selada no rexistro, se fas o favor, mándanola a este enderezo: Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo. Se tes tempo, mellor certificada. - Non estaría mal que te quedaras cunha fotocopia da copia-resgardo, para que poidas se queres, facer un seguimento do teu documento dentro da Administración. - Tamén podes personalizar o texto das sinaturas para unha asociación ou institución, substituíndo “... os que abaixo asinamos” por o nome da mesma. - Non fai falla que te propoñas metas moi ambiciosas, mellor rexistrar menos e axiña que dilatar moito a tarefa. Ademais sempre poderás reiniciar o traballo de novo, se tes ocasión. - A campaña durará ata o 21 de xuño de 2007, o resultado final farémolo público nos Medios de Comunicación. · Podes colgar na túa páxina Web o texto deste correo , ou calquera outro motivo relacionado co Courel (Fotos, “O Courel non se vende”, “Courel Parque Natural”, ....)
Gracias por axudarnos