Pilar Pin presentou a súa renuncia este mércores pola tarde, logo do escándalo pola entrega de talóns asistenciais a emigrantes en Uruguai.
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, aceptou a dimisión da directora da Fundación Galicia Emigración e considerou un “grave erro” o reparto de 334 cheques asistenciais en Uruguai a poucas semanas dos comicios municipais.
Touriño solicitoulle á Secretaría Xeral de Emigración, que forma parte da Fundación Galicia Emigración, que busque mecanismos para o reparto de axudas e se evite a entrega en man dos cheques e así se evite “toda dúbida sobre a transparencia, a limpeza e as garantías do sistema”.
A entrega de talóns de 300 euros a emigrantes en Montevideo ergueu unha forte polémica xa que PPdeG e BNG entendían que estaba a haber un uso electoral dos fondos.