Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acusacións da deputada Susana López Abella

O PPdeG ve a man de Cacharro en listas luguesas de Terra Galega

Ao tempo que o presidente saínte da Deputación de Lugo lle adica beizóns a Terra Galega, desde o PPdeG aseguran que Cacharro tratou de promover listas desa formación.

Redacción - 09:00 30/04/2007

"Temos novas de que se tentou formar en Chantada unha candidatura de Terra Galega que finalmente non callou e de que Cacharro estaba por tras da iniciativa. En Sarria aconteceu algo parecido". Así llo explicou a deputada Susana López Abella, membro da executiva do PPdeG, á edición de Lemos de La Voz de Galicia.

O ruxerruxe sobre os apoios de Francisco Cacharro a candidaturas que poidan rabuñarlle cota ao PPdeG na provincia de Lugo vén de meses atrás, froito do enfrontamento do actual presidente da deputación coa nova dirección do partido. Cacharro foi progresivamente apartado do poder lugués, e o actual vicepresidente do partido, Xosé Manuel Barreiro, é o candidato a sentar no sillón da institución provincial despois das eleccións deste mes de maio. Varios alcaldes da provincia amosaran xa a súa fidelidade con Cacharro rexeitando repetir candidatura nos seus concellos.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: