Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tres traballadores mortos arrolados por un tren

O accidente ferroviario de Valga reaviva a polémica sobre os pasos a nivel

O BNG solicita a comparecencia do presidente de Adif no Congreso para informar das causas do sinistro, e coñecer en que estado está o proceso de supresión destes pasos.

Redacción - 19:25 25/04/2007

As reaccións provocadas tras o accidente ferroviario que se produciu esta terza no paso a nivel de Valga foron case inmediatas. Dende as filas do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso dos Deputados de Madrid xa se solicitou a comparecencia do presidente do Adif, para que informe das causas do sinistro no que morreron tres traballadores da construción, logo de que o coche no que viaxaban fose arroiado polo tren que cubría a liña Vigo-A Coruña.

Ademais, o goberno español recibirá unha pregunta por escrito onde o grupo nacionalista lle cuestiona sobre se vai abrir unha investigación "para esclarecer os motivos de tan tráxico suceso".

Proceso de eliminación de pasos a nivel

O BNG en Madrid quere saber tamén polo grao de seguridade deste sistema automático con barreiras, e que previsións se manexan respecto á supresión deste paso a nivel.

Ademais, esíxenlle ao alto responsábel do Adif que explique en que estado está o proceso de supresión deste tipo de pasos no territorio galego e o seu calendario de eliminación, detallado por lugares.

Reaccións do PP
Por outra banda, o deputado do Partido Popular en Madrid Celso Valga tamén solicitou a comparecencia da ministra española de Fomento, nos mesmos termos.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: