Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
OS PAÏSOS CATALÁNS NA GALIZA

L'Ambaixada organiza unha viaxe a València dende Santiago

A iniciativa de interese nos Países Cataláns propón unha viaxe para participar en València na manifestación nacional e na festa do vindeiro sábado 5 de maio.

Redacción - 21:03 23/04/2007

L'Ambaixada comezara a dar os primeiros pasos en Santiago o ano pasado cunha convocatoria dirixida ás persoas interesadas nos Países Cataláns. No mes de xaneiro organizouse unha Diada dos Países Cataláns no local social A Gentalha do Pichel, cun documental e un debate sobre a especulación urbanística, seguidos dunha festa.

Coa celebración deste ano do Día Nacional do País Valenciano, o 25 de abril, cúmprense 300 anos da batalla de Almansa, que supuxo a entrada das tropas borbónicas en València e o comezo da ocupación dos Países Cataláns. Con este motivo, l'Ambaixada propón unha viaxe para participar na manifestación nacional e na festa que se celebrará na capital valenciana o vindeiro sábado 5 de maio.

A saída en autocar está prevista ás 22 h do venres 4 de maio, para chegar ao día seguinte a València, participar na manifestación, logo de visitar a cidade, e asistir a un macro concerto no que participarán 13 grupos valencianos entre os que están Obrint Pas, La Gossa Sorda i Al Tall. De volta, finalizada a festa, chegaríase a Compostela ás 18 h do domingo día 6. O prezo da pasaxe incluiría o transporte, o xantar e o concerto.

O prazo para se apuntar finaliza o 27 de abril e a viaxe fica pendente da confirmación do número de persoas inscritas. Para a inscrición ou para pedir máis información, pódese escribir ao enderezo electrónico de l'Ambaixada ou chamar aos teléfonos 630199173 ou 650715370.


Ligazóns

4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: