Abertzale Sozialisten Batasuna, Acción Nacionalista Vasca e Laia Elkarlarean, sospeitosas de estaren relacionadas con Batasuna.
A Fiscalía Xeral do Estado vai solicitar a ilegalización das agrupacións electorais que se presenten impulsadas pola esquerda abertzale, despois da previsíbel ilegalización de Abertzale Sozialisten Batasuna (ASB). A presentación das demandas de ilegalización está prevista para o 2 de maio perante a sala 61 do Tribunal Supremo.
O fiscal estatal, Cándido Conde-Pumpido, explicou que están en marcha tres investigacións: a de ASB, a de Acción Nacionalista Vasca e a de Laia Elkarlarean, con sede en Navarra. Segundo os informes das forzas de seguridade, hai datos que apuntan á súa posíbel ilegalización. Ademais, o feito de que os líderes de Batasuna apoiasen estas formacións con campañas de recollida de sinaturas pode ser unha proba máis da súa relación coa agrupación ilegalizada.