Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Interposta polo PPdeG

A Xustiza investigará a concesión de seis licenzas de obra en Viveiro

O auto afirma que "os feitos presentan características que fan presumir a existencia dunha infracción penal".

Redacción - 19:18 17/04/2007

O Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro admitiu a trámite a denuncia presentada polo PPdeG por presuntos delitos de prevaricación administrativa e contra a ordenación do territorio.

Segundo o auto ditado pola xuíz, "os feitos presentan características que fan presumir a existencia dunha infracción penal". O Ministerio Fiscal iniciará as dilixencias previas para investigar este presunto incumprimento da legalidade.

Ademais, requiríuselle ao Concello unha copia da acta da Xunta de Goberno Local do pasado 22 de setembro, durante a cal a Comisión Informativa Especial de Obras concedeu once licenzas, seis destas denunciadas polo PPdeG. O planeamento e a xestión urbanística é competencia do alcalde Melchor Roel (PSdeG), aínda que tamén hai concelleiros do BNG que participan no goberno local.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: