A Asesoría Xurídica da Xunta presentou seis recursos contenciosos e pediu suspensión de licenzas e obras mentres non haxa sentenza ao respecto.
Coa cualificación de "desorbitado" e "ilegal" para o seu modelo urbanístico, o Concello de Barreiros vira suspendidas as súas normas de planeamento xa o pasado mes de febreiro. Daquela advertían xa desde o executivo que con só 3.294 habitantes, o Concello de Barreiros déralle autorización á construción de seis mil novas vivendas.
Da insustentabilidade do crecemento urbanístico de Barreiros é exemplo que as novas construcións non teñen garantidas as infraestruturas, nin accesos, nin servizos básicos de auga e electricidade esixidos pola lei. Barreiros aplicaba normas subsidiarias que databan do ano 1994.