Persoeiros próximos a formacións tanto da esquerda como da dereita promoven o colectivo Associação Movimento Cívico Regiões, Sim.
"Asistimos a unha desertificación acelerada do país", láiase Mendes Bota, deputado do PSD e histórico defensor do proceso de rexionalización de Portugal, "estamos peor que hai dez anos, co Norte e o Centro en caída libre, o Alentexo seguindo paso, o Algarve perdendo fondos estruturais e apenas Lisboa e o Vale do Tejo florecendo como unha gran rexión europea".
O próximo día 26 de abrol, a cidade de Coimbra acollerá a constitución oficial da Associação Movimento Cívico Regiões, Sim. Coimbra xa fora sede do anterior movemento que levara ao referendo convocado hai dez anos en favor da descentralización do goberno portugués, reforma que non foi apoiada daquela polos cidadáns. Os promotores do colectivo iniciarán agora a recollida doutras 75 mil sinaturas para a convocatoria dunha nova votación.
Poden ampliar no diario Público.