Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O BNG SINALA QUE HAI INDICIOS DE DELITO

Levan o alcalde da Arnoia ao xulgado por certificar obras inexistentes

A Xunta abriu unha inspección para aclarar o destino de varias subvencións europeas.

Redacción - 18:22 29/03/2007

Os nacionalistas da Arnoia denunciaron este xoves unha presunta desviación de fondos europeos no municipio. O BNG local cre que o alcalde e deputado provincial, Roxelio Martínez, concedeu subvencións para a construción dunhas instalacións que xa existían.Entre as irregularidades, que puxeron en coñecemento do xulgado, destaca a construción dunha planta de biomasa que a día de hoxe aínda non iniciou a súa actividade.

Segundo a denuncia, en outubro de 1999 o Concello, por medio dunha sociedade pública que controla, solicitou unha subvención para facer a planta de biomasa. Dous meses máis tarde, o alcalde adquiriu a “cesión de uso” duns terreos municipais a unha Sociedade Agraria de Transformación por valor de 7.500 euros. No documento asinado entre as partes faise constar as instalacións xa existentes, entre outras un valado de postes e unha edificación.

Un traballo xa feito
A sorpresa prodúcese en novembro de 2001, nese momento Roxelio Martínez, como presidente do Centro de Iniciativas para o Desenvolvemento Local do Val do Miño (Ceivam), certifica a finalización da obra por valor de 78.000 euros. O documento xustifica a construción dunha nave, un valado e outras obras que xa existían así como maquinaria da que, segundo o BNG, descoñécese o seu paradoiro e non hai xustificante de compra.
 
Segundo a mesma fonte, a Xunta xa iniciou un expediente de inspección e instou a que se reintegren os cartos. Aínda así, dende as filas nacionalistas coidan que máis aló da devolución dos cartos puido haber unha clara tentativa de delinquir, por iso agardan que a xustiza aclare o sucedido.


4,36/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: