Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ponlle valor ás bitácoras como fonte informativa

Bush escúdase en dous blogueiros iraquís para xustificar a ocupación

Segundo os irmáns Fadhil, a situación no país mellorou dende a chegada dos soldados estadounidenses.

Redacción - 11:30 29/03/2007
Blog dos irmáns Fadhil

Blog dos irmáns Fadhil

O presidente estadounidense xustificou a presenza do exército en Iraq citando dous blogueiros. Nun discurso que pronunciou o mércores diante dun público de gandeiros e rancheiros, George Bush citou o texto de dous cidadáns iraquís que contaban a mellora das condicións de vida da poboación dende a ocupación.

A entrada que citou dicía: “As familias desprazadas están a volver ás súas casas, os mercados están a ter máis actividade, as tendas que levaban moito tempo pechadas están a abrir. Agora sentímonos máis seguros ao nos movermos pola cidade. A nosa xente quere ver que este esforzo tivo éxito. Esperamos que os gobernos de Bagdad e dos Estados Unidos non abandonen o seu propósito”.

Aínda que nun principio a secretaria de prensa da Casa Branca refugou facilitar a identidade dos dous blogueiros, cando se distribuíu unha transcrición do discurso sóubose que os autores foran Omar e Mohammed Fadhil, dous irmáns dentistas que escriben unha bitácora en inglés, IraqTheModel.com, dende Bagdad.

Pero a independencia dos irmáns Fadhil é cuestionábel, se se ten en conta que xa o 5 de marzo publicaron un artigo de opinión no Wall Street Journal e que o 9 de decembro de 2004 se entrevistaron no Despacho Oval co mesmo Bush.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: