Aprobada en primeira instancia unha emenda que estabelece o 1 de setembro do ano que vén, como data límite para a fin da ocupación estadounidense en Iraq.
Un comité da Cámara de Representantes estadounidense aprobou na tarde deste xoves (horal local) un plan de retirada para todas as tropas norteamericanas despregadas en Iraq, antes do 1 de setembro de 2008, segundo informa a axencia de noticias Reuters.
A emenda, impulsada polos demócratas, aproba un orzamento de 124 mil millóns de dólares para gastos de emerxencia, e inclúe 100 mil millóns para continuar cos combates en Afganistán e Iraq.
Porén, o plan -que vai ser debatido a vindeira semana pola totalidade da cámara- impón condicións moi estritas para a ocupación militar dos próximos 18 meses e estabelece como data límite finais de agosto para a retirada total.
A Casa Branca xa ameazou con exercer un "veto presidencial" sobre á lei.