Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Se o Constitucional recorta o Estatut

ERC e CiU apoiarán un referendo sobre autodeterminación

O Parlamento catalán vota este xoves sobre iniciativas de cadanseu partido sobre o "dereito a decidir" do pobo catalán.

Redacción - 09:00 29/03/2007

O convite insinuado hai días desde ERC sobre o posíbel apoio a un referendo sobre a autodeterminación no caso de que o Tribunal Constitucional obstaculice o desenvolvemento do novo Estatut, avanza esta semana no Parlamento de Cataluña.
 
O líder de CiU, Artur Mas, anunciou que trasladará á cámara esa proposta e a dirección de Esquerra acordou aceptar a proposta de negociación de CiU ao respecto. Na sesión do mércores, o líder de ERC e vicepresidente da Generalitat, Josep Lluís Carod-Rovira, subliñou que o seu partido "garante a estabilidade" do tripartito. Sobre o asunto, o presidente do goberno catalán, o socialista José Montilla, pediulles a ERC e CiU "lealdade", indicando que a iniciativa proxectada pode "debilitar" o goberno fronte á apertura de negociacións co Estado.
 
Segundo El Periódico de Cataluña, Carod tentou frear a iniciativa parlamentaria de ERC, onde topou coa oposición do secretario xeral da formación, Joan Puigcercós, e do seu estreito colaborador Xavier Vendrell, quen o domingo pasado comezara a polémica coas súas declaracións durante un acto público.
  Recomendámoslles o seguimento en Vilaweb.


4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: