Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Propoñen acelerar o proceso

A ONU insta a favorecer unha Cosova independente

Para a estabilidade política e o desenvolvemento económico de Cosova é "imprescindíbel" garantir a súa independencia, insistiu o enviado especial da ONU na zona.

Redacción - 11:15 27/03/2007
Martti Ahtisaari, ex presidente finlandés, é o enviado especial da ONU en Cosova

Martti Ahtisaari, ex presidente finlandés, é o enviado especial da ONU en Cosova

O Consello de Seguridade das Nacións Unidas debe pronunciarse ao respecto do futuro de Cosova o próximo 3 de abril. Na mesa terán o informe presentado este luns por Martti Ahtisaari, o enviado especial da ONU na zona, onde se explica que a análise da historia recente, a realidade actual e o proceso negociador desenvolvido até agora, recomendan que Cosova gañe á fin a independencia.

"Cheguei á conclusión de que a única opción viábel é a independencia, que debe ser supervisada durante o treito inicial pola comunidade internacional", afirmou Athisaari. O documento presentado é a peneira de moitos meses de debates e xuntanzas con representantes de Cosova e de Serbia. Sobre o asunto, Rusia xa anunciou que vetará a proposta no Consello de Seguridade.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: