Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nos 100 días previos ás eleccións

O PPdeG propón que antes dos comicios ningún cargo político viaxe á emigración

Presentan un "Código ético do exterior en período pre-electoral e campaña". O PSdeG oponse lembrando o "abuso" dos populares destas viaxes.

Redacción - 09:00 23/03/2007

"Cos cartos da Xunta páganse as viaxes e co diñeiro do PSOE páganse os votos", criticou o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, en referencia á recente polémica arredor do candidato socialista en Vila de Cruces.

Segundo a proposta achegada este xoves por Feijoo, o presidente da Xunta, conselleiros e outros altos cargos da administración autonómico, así como alcaldes, concelleiros e presidentes de deputacións, non viaxarían ao exterior durante "os cen días previos a unhas eleccións". Ou cando menos esas viaxes non serían en ningún caso institucionais, e de realizárense serían financiadas con cargo aos orzamentos dos partidos. Sería "un gran pacto para preservar a dignidade democrática dos galegos da diáspora", insistiu o líder dos populares.

A idea foi rexeitada polo PSdeG, desde onde o secretario de Organización da formación, o tamén conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, lembra o "uso e abuso inadmísibel do control do voto da diáspora" realizado durante os anos de goberno de Manuel Fraga. "Chega un chisco tarde esta preocupación", comentou Varela sobre a proposta dos populares.


3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: