Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A partir do proxecto galegoportugués en Braga

Touriño e Lula estenden a Brasil a cooperación nanotecnolóxica

Pesca, enerxías renovábeis e a posíbel pegada brasileira na Cidade da Cultura, foron asuntos tamén debatidos polos dous mandatarios.

Redacción - 07:00 20/03/2007
Os presidentes trataron tamén o interese común dos dous gobernos polas enerxías renovábeis / Foto: Xoán Crespo

Os presidentes trataron tamén o interese común dos dous gobernos polas enerxías renovábeis / Foto: Xoán Crespo

O Centro Internacional de Nanotecnoloxía de Braga, dirixido por Xosé Rivas, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, e nado ao abeiro da Eurorrexión galego-portuguesa, será tamén elo de cooperación tecnolóxica ás dúas beiras do Atlántico. Así o acordaron este luns o presidente galego, Emilio Pérez Touriño, e o presidente do Brasil, Luís Inácio Lula da Silva.

No encontro de corenta e cinco minutos mantido polos dous mandatarios, a posibilidade de estabelecer un convenio estábel de cooperación en materia de nanotecnoloxía foi o proxecto onde máis avanzou a delegación galega. O propio director do proxecto, Xosé Rivas, afondará nas oportunidades para a colaboración nunha próxima visita a Brasil.

Durante a reunión, Touriño tamén recuperou a idea expresada durante a súa xuntanza anterior co presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, segundo a cal a Cidade da Cultura podería servir de plataforma cultural entre Iberoamérica e Europa. Da conversa co presidente brasileiro, reafirmouse a convicción de que se poida potenciar o ámbito da lusofonía e que Galiza e Brasil poidan estreitar relación cultural a través desta iniciativa.

Por outro lado, Touriño convidou a Lula a visitar Galiza en datas próximas. O presidente brasileiro amosou un interese especial en coñecer Santiago de Compostela.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Luis Inácio Lula da Silva e Emilio Pérez Touriño no Palácio do Planalto / Foto: Ricardo Stuckert/PR
Luis Inácio Lula da Silva e Emilio Pérez Touriño no Palácio do Planalto / Foto: Ricardo Stuckert/PR
Falaron tamén dunha posíbel do interese de Pernambuco e Bahía nunha base operativa "para pesqueiros españois e galegos" / Foto: Ricardo Stuckert/PR
Falaron tamén dunha posíbel do interese de Pernambuco e Bahía nunha base operativa "para pesqueiros españois e galegos" / Foto: Ricardo Stuckert/PR