Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AO TEMPO QUE OS RECORTA NO RURAL

O crecemento demográfico amplía asentos nos concellos das áreas metropolitanas

Ames, no contorno metropolitano de Santiago, é exemplo de municipio onde o crecemento chimpa o Concello de 17 a 21 edís.

Redacción/EP - 09:00 12/03/2007

O escaso crecemento demográfico de Galiza no seu conxunto non evita en todo caso que o movemento interior da poboación duns a outros concellos condicione significativos cambios nos mapas municipais.

Deste xeito, os concellos coruñeses de Ames e Cambre e o pontevedrés de Ponteareas, son exemplo de municipios onde a superación da barreira do padrón dos 20 mil habitantes fai necesario que as corporacións municipais pasen de 17 a 21 concelleiros. O caso de Ames é especialmente significativo, cunha suba desde 2003 de preto de 6 mil novos veciños, contando na actualidade con 23 mil persoas censadas. Na zona de Ferrolterra, o Concello de Ares, pasará de 11 a 13 representantes, e en Bergantiños, Malpica sobe tamén a 13.

No outro estremo están numerosos concellos de Lugo e Ourense. No primeiro caso son até oito municipios os que perden representación: A Fonsagrada, Alfoz, Cervo, Portomarín, Cervantes, Pol, Samos e Muras. En Ourense, sentarán menos edís nos Concellos de Vilar de Barrio, A Rúa, O Irixo, Xunqueira de Ambía, Leiro e Oímbra. En Pontevedra só perden sillóns en Dozón. E na Coruña, baixan A Baña, O Pino e Corcubión e tamén o Concello de Muros, que neste último caso pasa de 17 a 13 concelleiros ao quedar en 9.999 veciños, só un por baixo da barreira dos dez mil.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: