Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O equipo busca inaugurar palmarés

Serrano e Nozal á fronte do Karpin para a Vuelta a Murcia

Desde o mércores 7 o Karpin Galicia rodará en Murcia nun novo desafío para o equipo nestes inicios de tempada. Álvaro Pino decidiu xa os corredores que irán á proba, onde Marcos Serrano e Isidro Nozal apuntan como máis en forma do cadro, co ollo posto na contrarreloxo da cuarta tirada.

Redacción - 09:00 06/03/2007
A TVG retransmitirá os finais de etapa

A TVG retransmitirá os finais de etapa

Marcos Serrano, Isidro Nozal, David Herrero, Carlos Castaño, Enrique Salgueiro, Gonzalo Rabuñal, Luís Fdez. Oliveira e David Abal. Son os oito ciclistas que terán quenda esta semana por estradas murcianas, segundo a lista feita pública este luns polo director do equipo, Álvaro Pino. A Vuelta a Murcia vaise celebrar entre os días 7 e o 11 de marzo.

Especialmente motivados para a carreira saen o galego Serrano e o cántabro Nozal. No primeiro caso, Serrano agarda con interese o seu rendemento na proba contra o reloxo, a cuarta etapa. "É unha modalidade onde fun mellorando co paso dos anos, e quero ver o punto onde estou neste momento", afirma o ciclista. Tamén é optimista para ese día Isidro Nozal, quen xa demostrou anteriormente as súas boas aptitudes neste tipo de treitos e agarda facer un bo papel nesa tirada de 23,5 km.

A TVG vai retransmitir en directo os finais de etapa a través da súa canle de televisión dixital terrestre.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: