Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O Washington Post denunciou condicións infrahumanas nos hospitais de veteranos

A polémica sobre o tratamento dos soldados feridos en Iraq e Afganistán salpica a Bush

O presidente dos Estados Unidos, George W. Bush, recoñeceu este sábado que o tratamento de moitos veteranos de guerra non foi o adecuado, logo de que o Washington Post denunciara que algúns dos soldados feridos en Iraq e Afganistán recupéranse nun hospital ateigado de ratas e cocarachas. "É inaceptábel para min, é inaceptábel para o noso país e isto non seguirá así" asegurou Bush, que ve como os seus índices de popularidade baixan aínda máis por mor do escándalo.

Redacción - 15:00 03/03/2007
George W. Bush

George W. Bush

As informacións publicadas polo Washington Post crearon unha grande conmoción entre a opinión pública e xa levaron por diante ao secretario do Exército, Francis Harvey e ao director do hospital Walter Reed, o xeneral George Weightman. Ambos foron relevados dos seus postos logo de coñecerse a noticia.

En declaracións á BBC, o secretario de Defensa, Robert Gates, asegurou sentirse decepcionado polo feito de que algúns membros do exército non fixeran nada para solucionar os problemas do hospital: "Os nosos soldados feridos e as súas familias sacrificáronse moito e merecen o mellor que podamos ofrecerlles.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: