Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEN CAMBIOS PARA O SEU ÚLTIMO TREITO NA PRESIDENCIA DOS EUA

Bush insiste en solicitar "unha oportunidade" para a súa estratexia en Iraq

"Non hai nada máis importante neste momento da nosa historia que ter éxito en Oriente Medio e Iraq", afirmou o presidente dos Estados Unidos no seu discurso sobre o Estado da Unión. George W.Bush centrou a intervención na solicitude de apoio á maioría demócrata e ao seu propio partido, botou man da lembranza dos ataques do 11S de 2001 e avisou de que "os EUA non deben fracasar en Iraq porque as consecuencias sería grandes e dolorosas". Doutra banda, destaca a mención á "preocupación" polo cambio climático, problema sobre cuxa existencia dubidara en discursos anteriores. Máis no Washington Post e New York Times.

  • Os EUA agardan as novas ideas de Bush

- 12:53 24/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)