Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UN DELES ESTÁ VINCULADO AO SECTOR DA CONSTRUCIÓN

Detidas dúas persoas pola queima do coche do voceiro do BNG en Nigrán

Axentes da Garda Civil detiveron nas últimas horas a dous individuos que estarían relacionados coa queima do coche do voceiro do BNG en Nigrán David Giráldez en novembro de 2005. Un dos delincuentes, relacionado coa construción, recoñeceu ter participado na sabotaxe.

Redacción - 19:03 01/03/2007
Quintana e Jorquera contemplan o vehículo atacado

Quintana e Jorquera contemplan o vehículo atacado

A Garda Civil de Baiona mantén aberta unha operación contra as mafias urbanísticas no Val Miñor. Nestes momentos prestan declaración dúas persoas que estarían relacionadas coa queima do automóbil do concelleiro nacionalista. O edil tiña denunciado publicamente numerosos episodios de especulación urbanística na zona, polo que dende o primeiro momento sempre se pensou que estaba no punto de mira de construtores relacionados coa especulación.

Varios descoñecidos queimaron o coche de David Giráldez, que estaba estacionado ao lado da súa vivenda, na noite do 19 de novembro de 2005. O concelleiro do BNG tamén denunciou ter recibido ameazas telefónicas logo do brutal ataque.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: