Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O LADO LÚDICO

A hora dos 'xogantíns'

A xente quece motores para participar nos torneos de xogos, que se converten, asemade, en argumento dun relatorio accidentado.

Redacción - 16:26 14/03/2008
Tags: xgn2008

Despois de xantar -de dúas a cinco e media, para que lles dea tempo aos 1.500 a pasar pola cafetaría- comezan as competicións de xogos, unha das actividades preferidas dos participantes no encontro. O primeiro relatorio vespertino é, ademais, sobre o mesmo tema: o novo concepto de xogo WAM-UP do mítico Navy Moves, que fai 20 anos.

Pero, a pesar da potente rede que rodea todo o Palacio de Congresos, o conferenciante, Manuel Moreno García, tivo algúns problemiñas coa conexión. O público agarda estoicamente. Xusto fóra, a Wii segue a causar furor.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A xente anímase a botarlle unha á Wii
A xente anímase a botarlle unha á Wii
Expectación ao comezo da conferencia de FX Software
Expectación ao comezo da conferencia de FX Software
Hai que configurar a rede...
Hai que configurar a rede...
O público aguanta
O público aguanta
Parece que hai un problemiña...
Parece que hai un problemiña...