Vieiros

Vieiros de meu (ou rexistrate)
 

Crimea

Crimea
    En 1783 durante o reinado de Catarina, a Grande, o Imperio Ruso anexionou Crimea, até daquelas poboada maioritariamente polos tártaros.

A península permaneceu baixo dominio ruso até 1954, cando o líder soviético Nikita Khrushchev lla transferiu a Ucraína.

En 1921 Crimea converteuse en República Socialista Soviética (R.S.S). Ao finalizar a II Guerra Mundial, a entidade foi disolta e os tártaros de Crimea foron acusados polo Goberno de Josef Stalin de colaborar cos nazis.

Como consecuencia foron deportados en masa (uns 200 mil) a Usbequistán e Casaquistán, e prohibíuselles o uso da lingua tártara.

Volveron recuperar os seus dereitos civís en 1956, baixo o proceso de desestalinización de Khrushchev, mais non se lles permitiu regresar a Crimea que fora incorporada a R.S.S de Ucraína dous anos antes.

Non foi até principios da década de 1990s que moitos Tártaros de Crimea, aproveitando a descomposición da URSS, retornaron á península da que foran expulsados cinco décadas antes.

Porén, as súas terras están ocupadas na actualidade por colonos rusos. O número de tártaros de Crimea rolda os 300 mil (aínda que hai moitos esparcidos polo mundo), e o de ucraínos, o medio millón. Os rusos son maioría.

Historicamente tódolos tártaros eran pobos etnicamente turcos ou relixiosamente islamizados estabelecidos no occidente de Siberia.

Os tártaros de Crimea non deben ser confundidos cos da República Autónoma Rusa de Tataria, capital Kazán. Comparten a mesma orixe e falan linguas emparentadas, mais moi diferentes na actualidade.

O alfabeto tártaro foi modificado en 1928 da escrita arábiga á latina, e en 1938 da latina á cirílica. Durante este tempo, as elites intelectuais e políticas foron censuradas e, en ocasións, liquidadas.

Movemento nacionalista
O movemento nacionalista tártaro avoga non reclama a exclusividade das terras e avoga pola convivencia dentro das fronteiras estabelecidas.

Basicamente, piden o recoñecemento do Parlamento tártaro como representante legal do pobo e facilidades por parte do Goberno ucraíno para o retorno de todos os nacionais desterrados.

Ademais, os tártaros reclaman que se lles recoñeza como pobo autóctono de Crimea e que a súa lingua, estreitamente emparentada co turco, sexa declarada idioma oficial da península.

Os extremistas rusos non teñen ningún interese que o nacionalismo tártaro se fortaleza, e durante os últimos anos producíronse algúns ataques violentos contra persoas e propiedades desta comunidade, o que espertou a atención do mundo islámico noutros países.

Enfrontamento entre Rusia e Ucraína
A importancia xeoestratéxica de Crimea é evidente. Conscientes disto, o partido ultranacionalista ucraíno Liberdade (Svoboda), iniciou unha campaña para conseguir que Crimea perda o seu status de república autónoma e sexa rebaixada a rexión común.

O obxectivo é evitar que, facendo uso desa diferenza legal, as autoridades da península, co apoio de Moscova, tenten separarse de Ucraína e vincularse en Rusia, como pasou no Cáucaso con Abkhazia e Osetia do Sur.

Datos básicos

  • NOME:
    Qirim
  • XENTILICIO:
    Qırımlar/moravos
  • SUPERFICIE:
    10.400 km cadrados
  • POBOACIÓN:
    2.005.127 (estimada 2007)
  • GRUPOS ÉTNICOS:
    rusos, ucraínos e tártaros (uns 300 mil)
  • CAPITAL:
    Aqmescit/Simferopol
    Eski Qırım (capital histórica durante o Imperio da Horda de Ouro)
  • OUTRAS LOCALIDADES:
    Akyar/Sevastopol, Keriç/Kerch

Política e Economía

Novas relacionadas

Europa, Terra de Pobos

Os tártaros de Crimea buscan acomodo na súa terra 60 anos logo de seren expulsados

09:00 06/06/2009 - O 18 de maio de 1944, hai 65 anos, Josef Stalin ordenaba a súa deportación masiva por “colaborar” cos nazis.
Máis...


Ver Crimea nun mapa máis grande

Lingua e Cultura

Fotos

Kefe / Autor: dlia_4erez_v Antiga cidade de Chersonesos, en Akyar/Sevastopol / Autor: Argenberg Akyar/Sevastopol / Autor: czako_o Comida tradicional tártara / Autor: iccrimea.org Balaklava / Autor: Lyncis Comida tradicional tártara / Autor: iccrimea.org

Todas as fotos | RSS


Fontes e máis información:
Citizendium | Enciclopedia Galega Universal | Encyclopædia Britannica | Eurolang | Eurominority | Europeana | Linguamón | Món Divers | Unión Europea | Wikipedia