Alsacia é outro dos pobos de Europa que sufriu as consecuencias de vivir entre dous países con aspiracións imperiais.
O territorio de Alsacia, conquistado por Xulio Cesar no S.I antes da nosa era, xa estaba profundamente romanizado cando os alamáns -as tribos xermánicas do Elba- o invadiron no S.V.
Pouco duraría a súa presenza. Logo virían os francos que permaneceron catro siglos até que os alsacianos pasaron a formar parte do Imperio Carolinxio polo Tratado de Meerssen (870).
Deica o S.XVII, cando pasa a ser un protectorado do Reino de Francia, permaneceu baixo o dominio do Sacro Imperio Romano Xermánico, aínda que a influencia francesa comezou xa a finais do S.XVI.
Durante ese tempo, o país estivo dividido en feudos e municipalidades, cunha considerábel autonomía que lle permitiu desenvolverse economicamente axiña.
Este privilexio foi abolido logo da Revolución Francesa (1789), cando Alsacia foi absorbida completamente pola nova República.
A área dividiuse en dous departamentos tal e como permanece hoxe en día. O pobo alsaciano continuou a falar o dialecto do alemán, mais o francés ocupaba os rexistros formais e de prestixio.
A maior parte de Alsacia e zonas do seu territorio veciño, Lorena, pasaron a formar parte do Imperio Alemán ao finalizar a Guerra Franco-Prusiana (1870–71)
O 31 de maio de 1911 aprobábase a primeira Constitución de Alsacia-Lorena, unha especie de Estatuto de Autonomía que lle daba certa soberanía lexislativa e executiva
No entanto, mantiña a súa condición de Reichsland do Imperio Alemán, gobernado dende Berlín.
Alsacia-Lorena volveu a Francia en 1919 logo da I Guerra Mundial, regresou a Alemaña en 1940 durante a II Guerra Mundial e finalmente de novo a Francia ao rematar esta, en 1945.
Movemento Alsaciano
A mediados da década de 1920 nace un movemento autonomista a Alsàcia, reprimido rapidamente polas autoridades francesas.
Non puido ser até 1965 que este volve rexurdir, xa que a reivindicación dunha lingua xermana no período posterior ao nazismo era case imposíbel.
Moitos mesmo mudaron os seus nomes e abandonaron o dialecto alsaciano por completo para evitar represalias.
O novo auxe do rexionalismo levou á creación de varios partidos en defensa da identidade propia, o máis importante destes a Unión do Pobo Alsaciano (UPA-EVU).
Lingua
O alsaciano, variedade alemánica (altoalemán), é falado por arredor dun millón de persoas en Alsacia. A política francesa hostil coas linguas rexionais e minoritarias provocou unha perda continua de falantes.
Ademais, o Estado francés habitualmente usou como escusa o feito de que o alemán sexa falado en Alsacia e partes de Lorena para pedir dos estados xermanófonos a aprendizaxe do francés.