Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: sacyr

14/Xullo/2009 /

Previsíbel peche de acordo das caixas con Sacyr para as autoestradas

Se a negociación frutifica, Caixa Galicia e Caixanova agardan cerrar trato nesta xornada para a compra do 22% da compañía en Itínere.


8/Xullo/2009 /

As caixas galegas poderían facerse cunha parte da propiedade da AP-9

Caixanova e Caixa Galicia mercarían por 400 millóns o 16% de Itínere, e introduciríanse no negocio das autoestradas.


1/Decembro/2008 /

O conselleiro de Industria cualifica de "preocupante" a venda das autoestradas

Fernando Blanco asegurou que "non é un movemento positivo" para o noso país, e lembrou que moita culpa tena a mala xestión política de gobernos anteriores.


1/Decembro/2008 /

Sacyr véndelle as autoestradas a Citigroup

Os norteamericanos pagaron 3,96 euros por acción. Con esta operación, a compañía reducirá a súa débeda un 37%. No paquete tamén van as vías galegas.


24/Novembro/2008 /

Multimillonaria axuda dos EUA para protexer o xigante financeiro Citigroup

O que pasaba por ser un dos bancos máis poderosos do mundo, e inminente comprador da autoestrada galega, precisará da atención do goberno estadounidense.


Citigroup é a segunda entidade de EUA
17/Novembro/2008 /

O grupo financeiro interesado en adquirir a concesión da AP-9 anuncia despedimentos

A entidade estadounidense Citigroup, a segunda do país, planea recortar 53 mil empregos en seis meses.


1/Febreiro/2008 /

O PPdeG prepara os últimos fíos para seguir no xulgado a adxudicación da vía do Barbanza

Os populares demoraron a presentación da denuncia nos tribunais até as portas das eleccións xerais.