A "conexión Celta" e as ganas de sufrir polo equipo chegaron até Dublín e Cork. Hai galegos, pero tamén moitos irlandeses que na vida pisaron Galiza.
Un grupo de seareiros celestes creou unha web para tal efecto. Mentres, o clube ten este mes para seguir adiante coa Concursal, senón, terá que descender.
Os vigueses crearon unha páxina na que todo aquel que o desexe poderá mercar a roupa e máis os produtos oficiais do clube celeste, dende calquera parte do globo.