Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: mosquera

30/Marzo/2007 /

Contador domina con claridade a Volta a Castela e León

O corredor do Discovery Channel acadou o triunfo na tirada raíña da proba. O mellor do Karpin foi Mosquera, que aguantou o tirón dos estadounidenses e rematou oitavo.


26/Marzo/2007 /

Serrano é baixa no Karpin para a Volta a Castela e León

Unha bronquite impedirá que Marcos Serrano participe na proba en que Óscar Pereiro parte como un dos favoritos.


3/Marzo/2007 /

Mosquera chega até a décima segunda posición da xeral na Volta a Valencia

Desta ven non houbo opción. Ezequiel Mosquera disputou a tirada raíña da Volta a Valencia no grupo de destacados pero só puido asinar un 13º posto na chegada á liña de meta. Logo da cuarta xornada, o de Teo é décimo segundo dunha xeral liderada por Alejandro Valverde do Caisse d`Epargne.


4/Marzo/2007 /

Troncoso destacou na última tirada, Mosquera gañou un posto na xeral

A última tirada da Volta a Comunidade Valencía deixou nas filas do Karpin Galiza a boa actuación de Ramón Troncoso, que foi o corredor máis combativo da xornada ao participar en dúas escapadas, cun total de noventa quilómetros en fuga. O triunfo final na xeral foi para Alejandro Valverde do Caisse D`Epargne. O primeiro clasificado do KG foi Mosquera, que rematou na undécima posición.