Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: diaspora

5/Outubro/2009 /

O número de emigrantes supera en Irlanda o de inmigrantes por primeira vez en 14 anos

Doutra banda, representantes da diáspora irlandesa reuníronse en Dublín recentemente para realizar achegas sobre o futuro da illa no actual escenario de crise económica.


6/Marzo/2008 /

O Ramón Piñeiro recupera cinco publicacións da diáspora galega en América

Trátase de 'Mundo Gallego', editada en Bos Aires, o mesmo que 'El Gallego', a mexicana 'Saudade', e as cubanas 'Galicia' e 'Bohemia'.


30/Xaneiro/2008 /

O colectivo 'Herbas de Prata' abre as postulacións para as homenaxes do Día da Muller

O recoñecemento bota luz sobre a labor realizada por moitas mulleres para preservar a cultura galega na Arxentina. Crónica sobre as galegas na Diáspora de Débora Campos.


4/Xaneiro/2008 /

Os galegos da Arxentina lembran o Castelao republicano e galeguista

A Federación de Asociacións Galegas da República da Arxentina homenaxea a Castelao ao cumprirse, a vindeira segunda feira, os 58 anos xustos do seu falecemento.


18/Novembro/2007 /

Xornadas sobre a diáspora galega no Centro Galego de Barcelona

"As persoas e os modelos asociativos na emigración" é o título das xornadas que contarán coa participación de destacados especialistas.


Manuel Luís Rodríguez, Ramón Villares e Pilar Cagiao
19/Xullo/2007 /

'Nós mesmos' recolle a experiencia asociativa da emigración

O Consello da Cultura e o Secretaría Xeral de Emigración asinaron un convenio para estudaren o legado da emigración galega en América.


13/Xullo/2007 /

Identifican 30 galegos asasinados na ditadura arxentina

A Xunta vai colaborar co goberno arxentino na identificación das persoas asasinadas durante a ditadura militar.


22/Abril/2007 /

Quintana, a prol de limitar o voto emigrante ás xerais

O voceiro nacional do BNG asegura sentirse “contento” de que este debate “saia á luz pública” xa que é un “clamor” en Galiza.