No ataque foron feridas outras catro persoas, entre elas, dous menores de idade. Once días despois, aínda non comezaron as investigacións para esclarecer o acontecido.
O Valedor do Pobo da Arxentina comprobou esta semana a situación dos indíxenas na zona do Impenetrable chaqueño, que vén sendo denunciada por intelectuais e medios de comunicación. No que vai do ano, case vinte persoas morreron por inanición.