É preciso levar cadeas en dous portos da montaña luguesa. Nas últimas horas foise recuperando o tránsito normal na rede viaria galega.
Máis da metade son clientes de Fenosa -que prevé restabelecer o servizo "o antes posíbel"; o resto de Begasa, a maioría en Ortegal, Ferrolterra e A Mariña.
O vento da pasada sexta feira chegou a ter unha forza superior á do ciclón Hortensia de 1984. Arestora, as nevaradas continúan na metade oriental do país.
As autoridades piden especial precaución nas comarcas do interior. O temporal comezará a remitir este mesmo luns. Información na DXT e Meteogalicia.