Xoves, quinta feira, 22 de abril ás 8 do serán no auditorio do IES A Guía (Teis - Vigo)
O vindeiro xoves ás 8 no Instituto da Guía o Colectivo O Guindastre organiza en colaboración coa Asociación de Solidariedade Galega co Povo Saharauí un acto de apoio á loita de liberación do povo saharauí. Contaremos coa presenza do delegado da Frente Polisario e representante da RASD (República Árabe Saharauí Democrática) na Galiza, Ahmedu Mojtar. Trala proxección de varios documentais curtos, centrará a súa intervención na situación d@s activistas saharauís nos territorios ocupados, posta de manifesto nos últimos meses a consecuencia da deportación de Aminatu Haidar.