Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Plantación a cargo da Asociación Festival Antros Pinos

ACTIVIDADE: Plantación de árbores autóctonas en Taragoña pola Asociación Festival Antrospinos (FAP)
ONDE? Campo Maneiro, Taragoña (Rianxo)
CANDO? Sábado, 6 de febreiro
HORA? 10:00 h.
 

Enviada por Queimacasas Queimacasas o 02/02/2010 12:05

 
PLANTACIÓN DE ÁRBORES COA FAP
 
Por segundo ano consecutivo, desde a Asociación Festival Antrospinos de Taragoña, incluímos entre a nosa programación anual e como actividade destacada, a repoboación dunha zona da área recreativa de Campo Maneiro de Taragoña, en Rianxo. Plantaremos o vindeiro sábado, 6 de febreiro, e a partires das 10:00 h., un total de 50 especies de árbores autóctonas, concretamente carballos e castiñeiros, con un tamaño en torno aos 2 metros e medio de altura, aproximadamente, para asegurar que vaian arriba unha importante porcentaxe delas.
 
Os traballos enfocados neste senso desde a nosa asociación pretenden concienciar a prol do medio ambiente así coma rexenerar unha das principais zonas do noso municipio para goce da comunidade. O obxectivo segue sendo o de recuperar pouco a pouco un espazo de monte afectado pola vaga de lumes de 2007, amais de adecuar a zona como ámbito de recreo.
 
Gañamos en árbores, logo gañamos en vida!
Convidamos a tod@s cantos queirades asistir.
 
 
Moi agradecid@s de que promocionedes desde os medios esta actividade porque sodes o noso principal eixe de transmisión. Cremos que é importante que a xente saiba dos traballos que estamos levando a cabo sen ánimo de lucro e que, aínda así, sempre atopan atrancos.
Graciñas 


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: