Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Respostemos á presidencia española da Unión Europea

Intensificando a loita de clases.

Enviada por antoniodousmil antoniodousmil o 13/01/2010 03:39

I. A PRESIDENCIA ESPAÑOLA DA
UNIÓN EUROPEA.
A Presidencia Española da Unión Europea, que se desenvolverá entre xaneiro e xuño de 2.010, comezou nun escenario marcado pola crise estrutural capitalista.
Durante os próximos meses as clases dominantes porán en marcha unha batería de medidas para tentar impulsar o cambio de ciclo económico e renovar a reprodución ampliada do capital, afectando ao mercado laboral e aos dereitos sociais; e desenvolveranse os plans para recolocar aos países da UE nun escenario internacional caracterizado pola agudización das
contradicións interimperialistas, froito do proceso de repartición económica do planeta que se está a desenvolver, o que ha traer graves consecuencias para os países empobrecidos. No seo da UE agudizaranse as diferenzas entre o eixo París-Berlín e o resto de países membros, situados cada vez máis nunha posición subordinada.
As masas traballadoras do noso país, dado o carácter de clase da UE, seguirán vendo como empeoran as súas condicións de vida e traballo durante 2.010 e soportarán unha dura campaña ideolóxica dirixida a lexitimar a denominada “construción europea” da man
da posta en marcha do Tratado de Lisboa, en vigor desde que foi imposto aos nosos pobos o 1 de decembro de 2.009.
O Partido Comunista dos Pobos de España, mediante a
presente declaración, alerta á clase obreira e ás maiorías populares das desastrosas consecuencias que terán as políticas deseñadas pola Presidencia Española para os seus intereses inmediatos e futuros.
http://comunistasdagzpcpe.blogspot.com/2010/01/respostar-presidencia-espanola-da-union.html


Documentos

5/5 (45 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: