V Curso de verán sobre dinamización lingüística: Do compromiso individual aos argumentos para a defensa da lingua.Organizado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
Esta semana ten lugar en Carballo o curso de verán no que se analizarán o compromiso e os argumentos para a defensa e promoción da lingua galega
>O V Curso de verán sobre dinamización lingüística «Traballando en lingua» ten lugar no Pazo da Cultura de Carballo do mércores 15 ao venres 17 de xullo
>Algunhas das sesións do curso serán abertas a todo o público interesado en asistir, como a do sociolingüista Miquel Strubell, a do xuíz Luís Villares e a da profesora Pilar Freitas.
>O curso inclúe ademais actividades paralelas abertas ao público, como a representación da obra de teatro Comedia bífida, ou a exposición Crónicas da represión lingüística.
www.ctnl.org