A Central Unitaria de Traballadores e o Sindicato de Xornalistas de Galicia denuncian que as empresas Acordar e Vieiros anunciaron o despedimento dunha terceira parte dos seus traballadores, dez dun total de 31.
A Central Unitaria de Traballadores e o Sindicato de Xornalistas de Galicia denuncian que as empresas Acordar e Vieiros anunciaron o despedimento dunha terceira parte dos seus traballadores, dez dun total de 31. En concreto, o plan de viabilidade presentado aos traballadores polo empresario propietario de ambas as dúas empresas, prevé o despedimento de tres dos nove traballadores de Vieiros e de 7 dos 22 contratados en Acordar.
A empresa non presentou o plan de viabilidade por escrito, a pesar de que está está baseando as ofertas de despido nas 'circunstancias obxectivas' da súa situación económica, intentando deste xeito non abonar a indemnización á que os traballadores teñen dereito (45 días por ano traballado).
Vieiros e Acordar xa lles adebedan a todos os traballadores a nómina e a paga extra do mes de xuño; ademais, nalgúns casos particulares os impagos veñen de máis atrás, e tamén están pendentes de cobro pagas extraordinarias anteriores, así como horas extra.
Máis información nas páxinas do Sindicato de Xornalistas e da Central Unitaria de Traballadores.