Novo caso de discriminación lingüística nun establecemento comercial de Área Central en Santiago de Compostela
Na tarde do día 10 de xullo de 2009 entrei no establecemento Base: Centro deportivo de Área Central en Santiago de Compostela atendendo ao anuncio da porta do establecemento: "Se necesita dependienta. Razón aquí".
Entrei no devandito establecemento cun currículum e entregueillo á persoa ao cargo.Despois de ler o curriculum e preguntarme sobre a minha experiencia laboral previa, eu respondín en galego. A reacción desta persoa foi a seguinte: "Como veo que no sabes hablar español, no me interesa. Gracias"Evidentemente eu falo perfectamente español e galego, así como inglés, pero ao tentar explicarllo, este home non atendeu a razóns e seguiu repetindo: "Como veo que no sabes hablar español, no me interesa. Gracias"