O XXX Concurso de baile tradicional Xacarandaina que todos os anos ven organizando a Asociación Xuvenil Xacarandaina se celebrará o domingo día 12 de xullo, en horario de mañá, no Pazo da Ópera da Coruña.
O acto realizarase en horario de mañá e poderán participar no mesmo grupos de Asociacións folclóricas, Centros Parroquiais, Asociacións Culturais e Recreativas e Asociacións Xuvenís etc. Todos os grupos participantes deberán cumprir as bases do concurso, onde se indica que os grupos poden ser mixtos, femininos ou masculinos, e estarán formados como mínimo por oito persoas (agás cando as características do baile o precisen). O uso de traxe tradicional é obrigatorio, excepto na Categoría A. No caso de que o baile presentado fora recollido polo Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina, deberá contar coa súa autorización. A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes do grupo e ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos:
CATEGORÍA A: ata 8 anos inclusive.
CATEGORÍA B: de 9 a 12 anos inclusive.
CATEGORÍA C: de 13 a 16 anos inclusive.
CATEGORÍA D: de 17 anos en adiante.
Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que sobrepase dito tempo, quedará descalificado e terá que levar o seu acompañamento musical (gaiteiros, pandereteiras...) que deberá estar presente no escenario vestindo o traxe tradicional. O xurado no momento da calificación terá en conta: autenticidade da peza, dificultade técnica e calidade na execución. En cada unha das categorías serán concedidos tres premios:
1º PREMIO: trofeo e 350 €
2º PREMIO: trofeo e 200 €
3º PREMIO: trofeo
Finalízase o acto coa actuación do Grupo de Música e Bailes Tradicionais Xacarandaina que actuará de exhibición despois da actuación dos participantes e mentres o xurado delibera para a entrega de premios.