Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Moción = Corrupción, ou o San Fermín en Gondomar

O rexeitamento dos tránsfugas e a vergoñenta moción de censura en Gondomar, ven producindo orixinais formas de loita, como por exemplo este cartel do San Fermín. A cultura do Humor contra a cultura do Medo.

Enviada por taurozen taurozen o 06/07/2009 16:43

O xoves, en Gondomar, na manfiestación contra a moción de censura, fun testemuña dun feito propio do século XIX, que non crería que fose certo se non chega a ser porque o vin cos meus propios ollos: a muller de Manuel Núñez, o candidato de Move Gondomar e un dos responsables da moción de censura, apuntaba nun caderno, desde o balcón da súa casa na Alameda, o nome das persoas que participaban na manifestación. En 2009 e facendo gala da cultura do medo!!!!
Mais en: A cultura do medo en Gondomar


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Moción = Corrupción, ou o San Fermín en Gondomar