Na actualidade a formación frentista despois do varapau dos últimos tempos, apostou por renovar a súa executiva simulando o mito do Ave Fénix, e os novos membros xurdidos das súas propias cinzas se enzarzan en protagonismos e caudillaxes, deixando que a estratexia e liña politica resúmase na improvisación e nos tumbos de feira.
O establecemento dos pactos de gobernabilidade foi un antagonismo cuxo nefasto resultado tivo o seu detonante mais soado na perda do goberno da Xunta, pero o verdadeiramente curioso é, que a súa xénese se consuma cando un dos socios (BNG), iniciase a súa caída, e pasase de 17 a 13 deputados, é dicir, a cúpula da executiva nacionalista nun exercicio de auto-engano e falsa xustificación de resultados, optou por disfraza o fracaso das urnas polo "éxito" de formar parte do goberno autonómico.
Daquela a miopía política do BNG iniciouse, pois no canto de establecer a oportuna gradación correctora, acentuou a súa carencia óptica coa consumación dos pactos municipais. A sorte estaba botada os samurái de Bloque guiados polo iluminado superior Francisco Rodríguez, decidiran facerse o hara-kiri.
Pero no caso do bipartito de Fene, o despropósito tomo condición paranoica, e o BNG local por imperativo da súa cúpula, arruína o seu capital electoral que na última consulta coas urnas chegou acadar tan só uns exiguos 700 votos contra os 3000 doutros tempos.
Iso debeuse a que os nacionalistas por imperativo dos pactos subscritos, incorporáronse ao goberno dun PSOE local que en lexislatura anterior tentara procesar á corporación do BNG, pero xa sendo socios de goberno o actual Alcalde denuncia ante o fiscal ao seu antecesor Rivera Arnoso, e para mais contradición o novo rexedor mantén unha radical postura de manter pechada a actividade de ASTANO mentres o BNG promove unha iniciativa popular a lograr o acceso de estaleiro á construción convencional.
Á vista dos feitos, os pactos que alguén considero como un re-activador do nacionalismo, ao final serán a razón de que o BNG volva á situación de converterse nun grupo testemuñal e todo por obra e graza de quen seguen dirixindo o cotarro.
Menos mal que nos queda Portugal