Iste domingo 14 chega o mítico torneo de Billarda que enfrenta nas terras do concello de Barreiros (LUGO) ós combinados parroquiais de todo o país con presenza de equipas da Conferencia Sur, a NorOeste , a NorLeste e dos irmáns de Asturies de Campeonatu . Tres pista simultaneas para as series clasificatorias da mañan , dende as 10 h o espectáculo absoluto da billarda invade as pistas de Celeiro de Mariñaos, Vilamar e San Bartolo para desputar as series finais no serán , a partires das 16:30, na pista central de Celeiro de Mariñaos.
As seleccións dos estados ilegais de sudáfrica, exipto , españa, nova zelanda, brasil, usa, italia e o iraque nada poderán facer ante o poder parroquial dos Celeiro de Mariñaos, Furabolos do Piño , Xove, Vilamar, Combinado Gz-SUL , San Cosme, Espora-KIrinal Liriu Espor....
O recén nomeado presidente sudafricano Zuma estará en Johannesburgo no partido inaugural da Copa Confederacións entre Sudáfrica e Iraque , asistirá o seu homólogo galego ó enfrontamento inaugural do Año Negro? .
Ademas confirmamos os rumores que falaban do falecemento do Año Negro en primeira instancia elexido , efectivamente Obama , ise era o nome do Año, por desgraza finou fai unhas semanas pero os equipos médicos da LNB non descansaron ate realizar unha inaudita acción de dimensións impredecíbeis, a clonación do Año Negro da LNB que podemos anunciar xa foi un rotundo éxito, só cunha salvedade.... que nos saíu albino , é por iso que iste ano o año negro da LNB será Albino , algo extraordinario que exemplifica á perfección o caracter rachador diste deporte e dista competición...sáe da Rabaño e vente ó Parroquial loitar polo año!!