Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A liberdade de prensa depende das condicións laborais dos xornalistas

dos principais medios de comunicación de Galicia participan hoxe na xornada "Dereitos laborais dos xornalistas", que se está a celebrar esta mañá en Vigo. Na inauguración, o director xeral de Promoción de Emprego da Consellería de Traballo, Álvaro Ansia Bacelar, destacou que "na medida en que as condicións laborais dos xornalistas melloren, tamén mellorarán a súa capacidade de traballar con independencia".

Enviada por SXG SXG o 09/06/2007 17:17
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

Esta idea, que os xornalistas non poden informar con liberdade se traballan na precariedade, tamén foi compartida por Fabián Nevado, do Sindicat de Periodistes de Catalunya (SPC). "Rematar coa precariedade no xornalismo é o primeiro paso para lograr unha cidadanía mellor informada e, polo tanto, unha sociedade máis democrática", indicou o representante dos xornalistas cataláns. O director xeral de Promoción de Emprego explicou que a Xunta está "moi interesada" en que os xornalistas coñezan os seus dereitos laborais e "profundicen na negociación colectiva".

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) é o organizador deste evento, que proseguirá ata as 18:30 horas no Centro Cultural de Caixanova da cidade olívica coa participación de profesionais de medios de prensa, radio, televisión, gabinetes e internet da Comunidade.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: