Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Charla-presentación: "A Renda Básica das Iguais como instrumento de loita nos barrios"

O Servizo de Información de Dereitos Sociais da nosa comunidade e o Grupo de Axitación Social (GAS) convocan unha charla-presentación co título: "A Renda Básica das Iguais como instrumento de loita nos barrios". Terá lugar o domingo 10 de maio ás 18.30 no salón de actos da parroquia do "Cristo da Victoria" en Coia -Vigo-.

Enviada por realidade realidade o 04/05/2009 19:13

Para isto contaremos coa participación dos compañeiros de Baladre: José Iglesias e Manolo Saez que ademais de presentar a edición en galego do cuaderno "A Renda Básica das Iguais" e o libro "Nuestros barrios, nuestras luchas"; volverán a adentrarnos na proposta da RBis como unha ferramenta máis para a transformación deste sistema que está a provocar tanta desigualdade e inxustiza.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Charla-presentación: "A Renda Básica das Iguais como instrumento de loita nos barrios"