Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Xornadas de ADIANTE e CUT en Compostela

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Xornadas de ADIANTE e CUT en Compostela

Xornadas de ADIANTE e CUT en Compostela

ADIANTE e a CUT coorganizan as Xornadas de Formación e Debate "Avanzando na Construción do Socialismo" os días 29 de maio, 6, 13, 20 e 27 de abril, na cidade de Compostela.

Enviada por ralr ralr o 24/04/2009 20:15

Estas xornadas de Formación que vimos presentando parten dunha toma de conciencia previa das dúas organizacións que veñen a confluír na súa organización: a organización sindical Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) sabe que é a mocidade traballadora a que ha de accionar dende agora no eido sindical, xa que é este sector social o que ven a garantir o futuro da loita sindical nos parámetros que dende a CUT se defenden: isto é, un traballo sindical dende posicionamentos de esquerda real e, polo tanto, antisistema e xa pois, feminista, e cunha profunda consciencia do carácter nacional de Galicia, isto é, recollendo o herdo histórico do sindicalismo nacional e de clase. 

ADIANTE, organización da mocidade comunista e independentista, sabe que a necesidade de desenvolver unha acción creativa e revolucionaria se iza sobre a urxencia de desenvolver unha política activa e real, o que implica un traballo firme nas organizacións representativas do pobo traballador galego. Dende ADIANTE recoñécenlle á CUT o seu papel motor na construción dun sindicalismo nacionalista e socialista, e polo tanto, ve nesta central sindical o xermolo activo da Central Sindical Única galega pola que pulamos. 

Dende a CUT (1999) que a piques está de facer dez anos, e ADIANTE (2004), analizamos en diversas ocasións o status quo material e inmaterial da clase traballadora galega, e concluímos no que veu a ser un exercicio de crítica e autocrítica profunda, que a ausencia dunha formación teórica sólida é un dos maiores problemas aos que hoxe en día nos enfrontamos. Eis a necesidade e a urxencia destas Xornadas, que non son máis ca un primeiro paso cara a afirmación dunha esquerda real e con verdadeira conciencia de clase. 

O contexto de crise económica mundial, veu a darnos a razón naquilo de que este sistema non serve, por iso denunciamos a pasividade do oficialismo político e sindical e esiximos a convocatoria inmediata dunha Folga Xeral Nacional que lle dea unha resposta directa ás medidas encamiñadas a salvar ou refundar o capitalismo, sistema baseado na explotación e a barbarie.  A inviabilidade do capitalismo está hoxe a ser demostrada. Neste intre de inflexión política e social sabemos que a nosa actividade política ten que ser construtiva, coherente e ten que recoñecerse nos intereses da clase traballadora, por iso pulamos pola edificación dunha nova sociedade e dun novo sistema que se chama, hai que dicilo sen medo, socialismo.
   

Mércores 29 de abril. 
19:30 horas. 
galería sargadelos 
(rúa nova, 16) 

Apresentación das xornadas,  o cargo dun representante do secretariado nacional da CUT 
e do comité nacional de Adiante. 

Táboa redondaA necesidade da autodeterminación, 
con Xosé Manuel Beiras 
e Xosé Luís Méndez Ferrín. 

Mércores 6 de maio. 
19:00 horas 
Galería Sargadelos 
(rúa nova, 16) 

19:00 horas 
A necesidade da formación da clase obreira 
antón dobao 

20:00 horas 
En Galicia: sindicalismo de clase 
Manolo Camaño. 
secretario xeral da C.U.TMércores 13 de maio. 
19:00 horas. 
Galería sargadelos 
(rúa nova, 16) 

19:00 horas. 
A crise do capital e a resposta sindical 
Zaloa Ibeas de la Cruz 
Responsábel nacional da muller do langile abertzaleen batzordeak sindikatuak (lab sindikatuak) 
Miren conde 
Responsábel da muller de LAB en Nafarroa. 

20:00 horas 
O conflito de clases e a globalización 
Xosé Manuel Outeiriño 

Mércores 20 de maio. 
19:00 horas. 
Local da Central Unitaria de Traballadores/as 
(r/ pérez constanti, 15-baixo) 

19:00 horas 
Historia do sindicalismo nacionalista 
Xan Carballo 

20:00 horas 
O conflito lingüístico: unha cuestión de clase 
Anxo Angueira Viturro 

Mércores 27 de maio. 
19:00 horas 
local da central unitaria de traballadores/as 
(r/ pérez constanti, 15-baixo) 

19:00 horas 
Táboa redonda: 
Derrubar a opresión da muller, combatir o patriarcado. 

20:00 horas 
Táboa redonda de peche: 
Este sistema non serve: avanzar na construción do socialismo.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Xornadas de ADIANTE e CUT en Compostela