Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Unha Jaima en Compostela

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Unha Jaima en Compostela

Unha Jaima en Compostela

21-22-23 de abril no Campus Sur de Compostela

Enviada por esfgalicia esfgalicia o 16/04/2009 12:26

Dende o Grupo de Sensibilización sobre o Sáhara Occidental de Enxeñaría sen Fronteiras de Santiago de Compostela convidamos a todas e todos a visitar a Jaima saharauí que será instalada na Praza do Seminario de Estudos Galegos (fronte da Facultade de Farmacia do Campus Sur compostelán) en colaboración coa Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí,  os días 21, 22 e 23 de abril da vindeira semana.
Con esta actividade darase por finalizada a campaña de concienciación sobre a problemática do Sáhara Occidental que comezamos no mes de xaneiro colocando postos informativos en distintos centros universitarios.
Temos programado un lote de actividades que agardamos gusten e contribúan a crear opinións proprias sobre o que está a suceder no Sáhara ou a pensar máis de vagar sobre as que xa se teñen.

¡Agardámosvos na Jaima!
Para máis información: esfsahara.blogspot.com
Correo electrónico: info@galicia.isf.es


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha Jaima en Compostela