Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Cabozo.com, o "facebook galego" supera os 500 usuarios e presenta novas utilidades para os seus usuarios.

Esta nova rede social galega acaba de superar recentemente os 500 usuarios rexistrados, en pouco máis de mes e medio, dende a súa apertura ao público en xeral.

Enviada por Nika Nika o 05/04/2009 21:11

A rede social Cabozo.com, coñecida por algúns como o "Facebook galego", creada aproximadamente hai un ano por Antonio Mariño, galego emigrado en Alemaña, coa axuda de Anxel Folgueira e colaboracións doutros dos seus amigos viveirenses, superou recentemente os 500 usuarios rexistrados a pesar de que nos seus inicios non foi unha páxina concibida para o gran público.   En apenas un mes a Web recibiu numerosas visitas e foron crecendo as utilidades dispoñibles nesta a petición dos novos usuarios.   Ademais da xa coñecida posibilidade de crear grupos públicos ou privados, Cabozo.com está a desenvolver novas ferramentas que permitan unha maior interactividade entre os seus usuarios.   Destacar a creación do "Taboleiro" onde os usuarios agora poderán interactuar uns con outros podendo deixar no seu propio Taboleiro, ou no dos demais usuarios, mensaxes, notas, enlaces, fotos, vídeos, etc. ou a través do cal poderemos acceder aos "Perfís estendidos" dos usuarios.   Agora poderemos completar o noso perfil de usuario con datos como a nosa cidade ou pobo de residencia, personalizar o noso perfil cun video YouTube que poderá ser reproducido mentres os usuarios len os datos dos nosos perfís ou reflectir algúns dos nosos gustos: literarios, musicais, gastronómicos, cinéfilos, etc. sendo avisados se son coincidentes cos doutros usuarios da Web para fomentar a socialización entre usuarios.   Ademais dotouse á páxina dunha utilidade de "Seguimentos" coa cal agora os usuarios poderán seguir (ou "ser seguidos") a outros usuarios e seremos avisados cada vez que haxa algunha novidade nos Taboleiros daqueles usuarios que decidiramos "seguir".   Destacar tamén melloras no aspecto gráfico dalgunhas das pantallas da Web, como por exemplo as pantallas de inicio ou rexistro, grazas á colaboración de Fausto Cora. Ademais melloráronse algúns aspectos como a cor sobre a cal se ven os textos das mensaxes, para unha maior comodidade na súa visualización.   Comentar que Cabozo.com é unha Web en constante desenvolvemento a petición dos seus usuarios.


4,67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cabozo.com, o "Facebook galego" supera os 500 usuarios e presenta novas utilidades para os seus usuarios.