Vieiros

Vieiros de meu Perfil


"Os acordos son para cumprirse"

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de "Os acordos son para cumprirse"

"Os acordos son para cumprirse"

Ante a paralización da función pública, a CIG-Autonómica convoca unha concentración o xoves día 2 en San Caetano.

Enviada por Bodeus Bodeus o 01/04/2009 23:23

A C.I.G.-Autonómica convoca a todo o persoal da Xunta de Galiza a Concentración de Delegados da C.I.G. que terá lugar mañá xoves, día 2 de abril, ás 11:30h diante da Consellaría de Presidencia, Edf. Administrativo San Caetano, para esixir que se cumpran, por parte da Administración, os acordos e compromisos acadados coas OO. SS., como son a publicación dos tribunais dos Grupos A1, A2 e C1 e a promoción interna, así como o Concurso de traslados.  

Dende a C.I.G.-Autonómica reiteramos a invitación as demais Centrais Sindicais a que se unan a esta concentración, invitación que lle fixemos chegar no día de onte por escrito e non tivemos contestación.  

Un Goberno en funcións non pode tomar decisións que comprometan o Goberno entrante, pero non pode deixar de gobernar, e ten que cumprir coas negociacións mantidas e acadadas, máxime cando son só cuestións técnicas.

Estamos a falar de acordos tomados polo goberno cando non estaba en funcións, acordos que cumpriron todos os trámites, e so pendentes de publicación no DOG (bases de promoción interna de corpos xerais, nomeamentos de tribunais..).

POR A PUBLICACIÓN DA PROMOCIÓN INTERNA E DOS TRIBUNAIS PARA AS OPOSICIÓNS NA XUNTA DE GALIZA, CONCENTRACIÓN O XOVES, DÍA 2 DE ABRIL, ÁS 11:30 H, NO EDIFICIO DE PRESIDENCIA EN SAN CAETANO.


1,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: