Esta súa "democracia" quixo que a aritmética de Hont lle entregara de novo o poder na Xunta ao Partido Popular, malia obter menos votos que a coalición gobernante nos últimos catro anos. Porén, o reparto de escanos logo do reconto do voto "emigrante" quixo que mudaran as tornas e o 38-37 beneficie na vindeira lexislatura á dereita española. Ben é certo que a cidadanía, actriz secundaria neste filme, entendeu que se temos que vivir baixo políticas de dereitas mellor será que as execute a propia dereita, sen máscaras. Este 1 de abril constitúese o Parlamento Galego, han sentar no Hórreo os 75 homes e mulleres que seica nos representan e ha remudar o executivo galego afastando do poder a todos os altos cargos que se han beneficiar xa do meirande acordo tripartito dos últimos tempos: a súa propia subida de soldos.
Análise completa en AugasCeives.