Aprobado o novo plano de estudos da Facultade de Dereito, nunha Comisión inzada de irregularidades.
Novamente a Facultade de Dereito ven de mobilizarse ante a enésima agresión por parte do Decanato. Desta vez, co gallo do plano de estudos, o Decano da Facultade, Luís Míguez Macho, ven de impor de xeito despótico a súa "particular" visión da sociedade do s.XXI. No plano proposta, rexeitado polo PAS, parte do Profesorado e a organización COMITÉS, apóstase por un aumento de créditos da materia Dereito Romano, de Dereito Eclesiástico do Estado...en detrimento de Dereito Civil, Dereito Constitucional...O Decanato non presentou táboa de convalidacións, nin proposta de volcado do plano...
Máis do mesmo, máis do do sempre...
Dende os COMITÉS, convocamos a todo o estudantado a que participe na Asemblea Xeral de Estudantes que se celebrará mañá día 31 de marzo ás 12h no Salón de Actos da Facultade, para dar resposta a esta nova provocación.
Imos obviar aquí, a intencionada tendenciosidade do plano, que potencia determinadas materias moi laureadas por poderes fácticos tradicionais da Facultade de Dereito, non obstante, non nos resistimos a ilustrarvos cos seguintes artigos de opinión do Señor Decano...
O Comité de Dereito seguirá informando.
http://www.elsemanaldigital.com/blog.asp?idarticulo=69951&mes=7&ano=2007
http://www.elsemanaldigital.com/blog.asp?idarticulo=93805&cover=032&idautor=041
http://www.elsemanaldigital.com/blog.asp?idarticulo=93610&mes=&ano=
http://www.elsemanaldigital.com/blog.asp?idarticulo=52360&mes=6&ano=2006