Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Baixo Ceo, exposición fotográfica de Melki Chichery no COAG da Coruña

  Unha magnifica mostra fotográfica sobre o descontrol urbanístico, que non deixará indeferente a ninguén

Enviada por Punal Punal o 13/03/2009 09:00

As transformacións que as empresas construtoras impoñen á natureza son unha forma de violencia que modifica para sempre o seu aspecto. Mentres a terra padece esta intervención, os cidadáns aceptan pasivos os traballos pesados e as xeometrías confusas - dixo o fotógrafo francés Melki Chichery na inauguración da súa exposición Baixo Ceo, na delegación coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na rúa Federico Tapia, 64.
A mostra, que  estara aberta até o 14 de abril,  de luns a venres de 8 a 15 horas, e os miercoles ademais de 17 a 19 horas, consta de 30 fotos de 50 centímetros por 50 centímetros, en cor, centradas principalmente na desorde arquitectónica da provincia da Coruña, ofrécenos un claro contraste fotogénico da urbe actual, onde a paisaxe se transforma paulatinamente deixando en evidencia un decorado sen áncoras, onde a modernidade anunciada ten un aspecto pouco brillante e privado de humanidade.
Melki Chichery naceu en 1968 en Lle Plessis Robinson, preto de París, onde formou varias agrupacions musicais para amenizar a noite. Tamén viviu en Italia, onde realizou estudos de pintura.
A cidade herculina veo chegar no 2002. é unha amiga francesa, Claire Doucerin, quen, catro anos despois, introdúcelle no mundo da fotografía. Desde entón, co seu cámara en ristre, viaxa por Galicia, escudriñando atentamente, a arquitectura distorsionada e convulsa, que predomina no territorio, e que provoca un desequilibrio tanto estético como social.
Como resultado deste traballo xorde Baixo Ceo, unha mostra fotográfica, de moito interés.
Está claro que Melki pregúntase cada día, que é e que non é unha boa arquitectura.
Tento plasmar uns feitos -di Melki- cun ollo fotográfico e unha estética, onde constato que desde os anos 60 até a actualidade, a dinámica é a mesma: construír sen un plano de organización, cunha ausencia da conceptualización sobre cidade e futuro, o que altera paulatinamente a calidade de vida dos habitantes e do seu ecosistema.Paco Puñal
   


Documentos

4,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Baixo Ceo, exposición fotográfica de Melki Chichery no COAG da Coruña