Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Ser pobre na América Latina

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Ser pobre na América Latina

Ser pobre na América Latina

  A grande nación que soñaron fai xa douscentos anos os pais fundadores, é hoxe unha rexión con atrancos nos ideais de liberdade e prosperidade. Neste tempo os gobernos non tiveron a capacidade para desenvolver e artellar unha mecánica a prol de xerar un crecemento forte e sostible Así e todo a herdanza non é unha cadea e se cadra neste oco do mundo é posíbel saír da marxinación e da pobreza. O soño dos devanceiros coa construción dunha sociedade máis xusta e ceibe, é o alicerce da converxencia nun proxecto de futuro coa ineludible autocrítica, e asumindo os erros do pasado na busca de agromar unha rexión rica e abondosa, co fornecemento das coberturas sociais cara aos sectores máis prexudicados.

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 12/03/2009 22:54

  A penosa e estrágante realidade, da grande nación que soñaron fai xa douscentos anos os pais fundadores, é hoxe unha rexión con atrancos nos ideais de liberdade e prosperidade. Nos derradeiros trinta e cinco anos a Arxentina mudou de ter a renda por habitante semellante ás das mellores economías da Europa daquela, e unha adxudicación máis igualitaria dos beneficios, a ter a máis destacada renda dos países da américa latina, que arestora é só o trinta por cen da renda da UE na actualidade.

O día de hoxe a renda media dos arxentinos é seica a que tiñan en 1974, ao mesmo tempo noutros países coma é Corea do Sur, a renda medrou oito veces, e á nosa beira Chile, o fixo por tres. Aínda o volume da torta é o mesmo fai xa moitas décadas e o anaco que nos achega e máis pequeno, xa que nos anos setenta cada un dos arxentinos era dono dun tres por cen da renda, agora só ten o un por cen. O decrecemento da económica pola crise mundial reflectira na demanda de grao e sementes oleaxinosas producidas polos países latinoamericanos, e na falla das exportacións á China e outros mercados do mundo, aínda proxectará a pantasma da crise nas alianzas do MERCOSUR e o UNASUR.

Neste tempo os gobernos non tiveron a capacidade para desenvolver e artellar unha mecánica a prol de xerar un crecemento forte e sostible, malia o intento de reducir a pobreza, coa mellora dos ingresos das clases sociais máis depauperadas de cadansúa nación. Certamente a fenda dos pobres canda os ricos medrou de xeito salientable, abofé nalgúns países a renda da poboación de baixos ingresos diminúe acotío, até seis veces, o que esixe moito máis esforzo financeiro para evita-los danos e a exclusión social cando o sistema capitalista medra feble.

Ser pobre nalgunhas nacións latinoamericanas xera esperanza, e noutras envexa, xa que na meirande delas a pegada hispánica deixou unha cova de atraso e pobreza. Así e todo a herdanza non é unha cadea e se cadra neste oco do mundo é posíbel saír da marxinación e da pobreza, no entanto é máis doado manter as mellores políticas asistenciais dirixidas aos sectores empobrecidos, mentres o crecemento da economía é forte e sostido.

Inda non temos a formula maxistral, máis a sociedade democrática que estamos a construír fai xa vinte e cinco anos, coa aliaxe dos economistas e políticos, máis os eidos da ensinanza e o pensamento progresista, semella o camiño acadado para achegar ao desenvolvemento económico, o que cumpre é adoitar políticas monetarias que reduzan os efectos non desexados na poboación, máis o coidado da ecoloxía protexendo o medio ambiente.

En tanto que ficamos aínda lonxe dunha resposta aquelada á problemática da pobreza, os gobernos que conduciron as nacións latinoamericanas dende o nacemento da última e perdurábel etapa democrática nos distintos estados, non tiveron unha ollada de futuro para xerar un debate aberto e amplo, na interioridade da tolerancia e o respecto ás diferentes ideoloxías e ás diversas posicións ca deixen que a razón non sexa atropelada pola paixón e as hexemonías.

O empobrecemento das clases sociais esquecidas da poboación de latinoamericana e un calote aos ideais democráticos e da liberdade, ao que contribúe arestora todo o conxunto da política, máis todas as clases ca non apoian o pensamento progresista. Polo que as persoas que fican hoxe en fogares axeitados e coa ledicia dos feitos axustados para o desenvolvemento persoal, e da sociedade que os acolle, ten a obriga de corrixir a aldraxe que é a falla da construción dunha sociedade xeradora das ocasións de progreso, e a inclusión da diversidade.

O soño dos devanceiros coa construción dunha sociedade máis xusta e ceibe, cun grao de desenvolvemento semellante aos mellores do mundo, é o alicerce da converxencia nun proxecto de futuro coa ineludible autocrítica, e asumindo os erros do pasado na busca de agromar unha rexión rica e abondosa, co fornecemento das coberturas sociais cara aos sectores máis prexudicados .


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: